Gaita Roibén

Gaita Edición Especial 25 Aniversario 1/5

Unha das cinco gaitas únicas de edición limitada inspiradas nas postas de sol galegas.

Máis detalles

2 561,98 €

Máis info

Gaita Roibén

Gaita de tres voces en tonalidade de Do, realizada en madeira de granadillo con dobre anelado en aceiro inoxidable e buxo, espigos en aceiro inoxidable e ambos elementos grabados con motivos celtas para a ocasión.
Fol de goretex con prevención de condensación, formado por un tubo flexible que recorre o interior do fol dende a buxa do soprete ata a parte baixa, xerando así unha chegada do aire indirecta aos elementos sonoros e reducindo condensacións nos mesmos.
Farrapos de liño enlazados a man, en sintonía cun vestido de pano brocado antigo inglés, elaborados no noso obradoiro.
Dispón de chaves de corte de aire en ambos bordóns, ronco e ronqueta.
Provista cos nosos novos pallóns sintéticos "JR" realizados con lámina de fibra de carbono, outorgando unha sonoridade moi cercana ao pallón tradicional de cana, pero coa máxima estabilidade, resistencia e durabilidade que nos ofrece o carbono.
Incúe funda ríxida con accesorios para o seu mantemento e posta a punto.
Entrégase co certificado de serie limitada do 25 aniversario do noso obradoiro.

Produtos na mesma categoria