<< Castellano
<< English
 
Situación
Enlaces
Descargas
 
A súa cesta da compra
Productos: 0
Importe: 0,00 €


OBRADOIRO

MUSICAL J.R

Musical JR é a tenda do noso obradoiro artesán, esta tenda foi aberta no ano 1998, aínda que xa fai máis de quince anos que a nosa familia traballa na realización de intrumentos galegos artesanais.

Agora ofrecémoslle a posibilidade de mercar desde calquera parte do mundo uns intrumentos perfectamente construidos e cunha afinación envidiable.

Adicámosnos á fábricación, elaboración e venda de instrumentos musicais de vento e percusión. O proceso de confección realízase integramente de xeito natural e manual, respetando a materia prima e os materiais. Pezas destacadas son as gaitas que se elaboran a partires de materiais naturais. As madeiras empregadas son nobres na súa totalidade, exemplo deso é a utilización do Buxo, o Pau Rosa, Pau Santo, Ébano ou o Granadillo entre outras. Asimesmo, a elaboración e fabricación dos productos resposta a un proceso integramente manual.



Por outra banda, confeccionamos pandeiretas, pandeiras, pandeiros de peito, charrasco, tambores, bombos, e incluso o bothran irlandés segundo os modelos e as medidas standard, ademais de atend-los encargos específicos que realizan determinados clientes.

O proceso de producción arrinca dende a materia prima. Traballamos con productos naturais que son tratados de maneira natural, con máquinas de fabricación propia, coidando así a súa natureza e conservando o estado de pureza que os fai distintos e identificativos da nosa marca, sinal de autenticidade e de producto típico da terra. Mercamos as árbores, troceámolos e colocámolos sobor do torno dándolle as formas axeitadas e baixo as medidas estipuladas. A continuación, procedemos ó anillado e tratamento artesanal do instrumento segundo as características de cada peza e cliente.


Reciba un cordial saúdo de todos nós.


EN EXPANSIÓN

Esta calidade que somos capaces de conseguir nos nosos instrumentos fan que estes estean espallados por todo o mundo, desde países de toda Europa, ata os países do Norte e do Sur de América.

Esperemos que a nosa chegada á rede lle sirva para achegarse aínda máis á música galega e, como non, para que se decida a adquirir un dos nosos instrumentos, que de seguro será do seu agrado, tanto sexa principiante como experto.

COLABORACIÓNS

Este espazo foi realizado coa colaboración da:




Este espazo foi premiado coma o mellor en:


Enlaces
Descargas